A fibra óptica supera os 4 millóns de liñas
venres, 12 de agosto do 2016
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC)
está a publicar os datos sobre telecomunicacións correspondentes ao mes de
xuño, salientando
o feito de que o número de liñas de banda larga móbil superou os 38 millóns
(75,2% do total), correspondendo o 85% das liñas de voz con banda larga aos
tres principais operadores, de xeito que Yoigo e os Operadores Móbiles Virtuais
(OMV) continúan a ter un rol moi secundario, que non conseguirÃa dispararse por
mor do pulo que nos últimos anos colleron as ofertas combinadas de teléfono,
televisión e Internet.
Pero aÃnda que durante os últimos anos cos balances mensuais centrásemos a
vista nos móbiles, o panorama está a mudar, e volve ter relevancia o panorama
fixo grazas á emerxencia da fibra óptica até o fogar (FTTH), tecnoloxÃa que
está a medrar a un ritmo moi elevado, superando en xuño os 4 millóns de liñas
(dos que a terceira parte xa corresponden a operadores diferentes de Movistar)
o que supón dobrar o número de liñas en só 14 meses (e multiplicar por catro en
menos de dous anos), deixando claro que é a tecnoloxÃa chamada a imporse nos
fogares españois, onde aÃnda ten unha grande presenza o DSL (6,86 millóns de
liñas) pese a levar anos nunha pronunciada caÃda, mentres que a tecnoloxÃa HFC
(como o cable que emprega R en Galicia) parece ter comezado a caÃda tras chegar
o mes pasado ao seu punto de inflexión.
O número de liñas fixas mantén a súa caÃda moi lenta, pois continúa a ser unha
esixencia para gozar da banda larga fixa, o que poderÃa mudar radicalmente se as
compañÃas deciden seguir os pasos de Vodafone
no Reino Unido.
- A fibra óptica até o fogar convértese na tecnoloxÃa de banda larga fixa de maior crecemento nos últimos anos