A comunidade en liña Generatech afianza na Coruña e Vigo a súa loita contra a desigualdade de xénero

mércores, 13 de outubro do 2010 Fernando Sarasketa

Sobre o alicerce do coñecemento libre e independente, tirando proveito do potencial da Rede antes de que xa non haxa remedio e estea en poder duns poucos, o proxecto Generatech chega á nosa terra con dúas facianas de actividade: o plano físico (con relatorios, encontros e tarefas de difusión) e o plano virtual (cunha web constituída por diversos grupos de traballo que traballan para que o coñecemento se mova e as desigualdades de xénero esmorezan). As actividades nas nosas cidades de Generatech, alternativa independente a unha rede social ao uso, desenvólvense até o vindeiro 16 de outubro. A xira da comunidade en liña, que percorre tamén Barcelona, València e Madrid, oriéntase cara a achega de recursos para a reflexión acerca de tódolos elementos que, na Rede e fóra dela, contribúen a limitármonos como seres humanos con capacidade de reflexión. A edición galega desta xira componse de dous escenarios, A Corunha e Vigo.
Nos encontros preparados en ámbalas dúas cidades trataranse todo tipo de cuestións ligadas aos novos fluxos de información e frontes de actividade contra a desigualdade de xénero, salientando a presenza de Sayak Valencia (que presentará a súa visión do capitalismo gore), as comunidades submergentes.org, descontroladas.net e grupos galegos que traballan o xénero da igualdade e a independencia desde múltiples perspectivas (cafés feministas, nomepisesofreghao, e somosdegenrando). Asemade, sinala a organización, “tamén haberá intres para a aprendizaxe cos obradoiros de plantillas, e por último teremos actuacións estelares de performances, videoproxeccións e sesións de música desgenradas”.
Programa:
Mércores 13 outubro: Vigo
Amalgama : r/Marqués de Valterra, 5
19:00-Talher stencils by Tayone- imaginário livre nas rúas!!
21:30-Netexperiencias e teclado desgenerado! Mesa-presentaçom trabalho e projectos:
Capitalismo Gore – Sayak Valencia
Submergentes- Ramona Rodríguez
+ Stream desde Linz – Austria: Reni Hofmueller
Xoves 14 outubro: Corunha
CS Atreu : tr/ Sam José, 2 baixo
18:00-Talher stencils by David- imaginário livre nas rúas!
20:30-Netexperiencias e teclado desgenerado!
Mesa-presentaçom trabalho e projectos:
Capitalismo Gore – Sayak Valencia
Submergentes- Ramona Rodríguez
+ Stream desde Linz – Austria: Reni Hofmueller
Venres 15 outubro: Corunha
CS Atreu: tr/ Sam José, 2 baixo
19:00 Traballando xuntas: Hackeando o xénero,
mesa redonda – debate:
Descontroladas http://descontroladas.net)
Nomepisesofreghao http://nomepisesofreghao.net)
Cafés feministas
20:30 mesa nodos-Nomadismo itinerante:
ideas destroying muros-valencia
ningún lugar-barcelona
nomepises, sdg, olholivre-gz
Nena Pepita: r/ Sam José, 2 baixo
21:30 - Projecçons material vídeo-pinchos
Clara Gayo (Bio-instalaçom)
22:00 - Espectáculo!!! Actuacións en directo: Presenta mina
Irene (Cançoms de autora)
florian korchoi (ruido destrozaMIdIs)
freeswl (vj+dj)
Sábado 16: Vigo
Alg-a lab- Caminho da igreja s/n (Valadares)
19:00- Traballando xuntas.Hackeando o xénero:
Mesa redonda – debate
cvc valadares (banco do tempo ou área de mulher)
descontroladas http://descontroladas.net)
SdG
20:15-Mesa nodos-Nomadismo itinerante:
ideas destroying muros-valencia
ningún lugar-barcelona
nomepises,sdg,olholivre-gz
21:30-Projecçons material vídeo-pinchos
23:00-Espectáculo!!!
com as riduejo de dúo presentador:
vane (dança)
miriam (clown-malabares)
pedro (performance)
tayone (graffiti digital)
medusa pin (djane)
carlos suárez-madamme cell (experimental)
tasha (poessía)
laboucherie (djane)
performance colectiva desgenerada
videoarmsidea (vjing)
stormbootnet (vjing)
freeswl (vjing)

PUBLICIDADE