A cidadanía da provincia da Coruña xa pode tirar proveito da aplicación MiDGT

luns, 25 de marzo do 2024 S. P.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, informou que a provincia da Coruña é “pioneira en permitir ás persoas que se examinan da parte teórica do permiso de conducir coñecer as súas notas en tempo marca”. Segundo dixo, desde o 14 de marzo ofrécese á cidadanía a posibilidade de darse de alta en Cl@ve no mesmo momento de realizar o exame para así descargar a aplicación MiDGT e consultar na mesma os resultados. “Deste xeito, as persoas poden coñecelos en só unha hora, sen esperar as 18 que adoitan tardar en publicarse na web da DXT”, apuntou Rivas.
A subdelegada tamén destacou que ademais de tramitar o alta en Cl@ve no momento do exame, a cidadanía que desexe obter o identificador para poder realizar trámites coa Administración por vía telemática, a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña tamén permite solicitar a alta en Cl@ve permanente sen cita previa nas súas oficinas, “unha mostra máis da aposta constante da Administración por facilitar á cidadanía a realización de trámites por Internet”.
Rivas lembrou que as Xefaturas Provinciais de Tráfico de Bilbao e Zaragoza foron as primeiras en ofrecer estes servizos hai aproximadamente dous meses. Desde entón xa deron de alta máis de 1.000 persoas que poden relacionarse coa Administración telematicamente para realizar as súas xestións persoais coas mesmas garantías que se se fixese de maneira presencial. A elas uníronse o pasado 14 de marzo as xefaturas provinciais de Madrid, Barcelona, Valladolid, Sevilla, Valencia, A Coruña, As Palmas e Oviedo. No resto de provincias irase realizando de forma progresiva.
A subdelegada destacou que xunto coa nova funcionalidade para consultar as notas do exame teórico, a aplicación MiDGT permite tamén que, unha vez superadas as probas prácticas, os alumnos e as alumnas poidan dispor no seu móbil do permiso provisional de conducir sen necesidade de esperar por telo en formato físico. “Este documento dixital terá a mesma validez que o físico, pero só en territorio nacional”, sinalou.

PUBLICIDADE