A celebración do Día dos Medios en Galego poderase seguir en liña o vindeiro sábado

xoves, 18 de marzo do 2021 Redacción

O vindeiro sábado a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), entidade que agrupa a máis de 140 medios entre os que figura Código Cero, celebra o Día dos Medios en Galego cunha retransmisión en streaming dun programa con estilo de late night que tivo que ser adiado polas restricións sanitarias o 7 de febreiro, data oficial, aprobada no Parlamento de Galicia, que conmemora a saída do primeiro xornal en galego, O Tío Marcos d’Portela, no ano 1876.
Este programa especial presentado por Federico Pérez Rey, realizouse na Casa Museo de Rosalía e contará tamén coa música en directo dunha banda formada por Iván Barreiro, á guitarra; Carlos Arévalo, á batería; e Ale Casquero aos teclados.
Esta festa da lingua, que será retransmitida por YouTube, por Facebook e na canle de Twitch de AMEGA, contará con entrevistas, sketches e outras sorpresas, buscando salientar o rol do galego como motor da comunicación de Galicia.

A celebración do Día dos Medios en Galego poderá seguirse a través de YouTube

PUBLICIDADE