A cantina de Star Wars terá un xogo para iPhone
luns, 29 de marzo do 2010
A división de desenvolvemento
de xogos para dispositivos móbiles de THQ quere aproveitar a licenza de Star
Wars, e anuncia que está a preparar un
xogo para o iPhone que estará ambientado na cantina de Tatooine que
aparecÃa na primeira pelÃcula da franquÃa (o Episodio IV), e consistirá en servir bebidas a personaxes deste
universo creado por George Lucas, incluÃndo ao propio Jabba o Hutt.
En Star Wars Cantina hai que servir a
bebida axeitada a cada cliente, sen facerlle agardar, para evitar rebumbios,
polo que hai que ser preciso e rápido, e incluso será posible decorar o local
para atraer a máis público.
Este tÃtulo parece bastante afastado doutros de THQ coma El
Poder de la Fuerza, pero non hai que esquecer que a cantina é un
enclave moi popular entre os afeccionados a Star Wars, polo que este novo xogo
poderÃa gozar de bastante éxito.
A sona da cantina de Star Wars levou a Richard Cheese a facer unha orixinal versión do Copacabana de Barry Manilow