A biografía de Steve Jobs a debate en Vigo

luns, 4 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Mensualmente a Casa do Libro de Vigo acolle xuntanzas do Monday Reading Club, un curioso club de lectura que congrega entorno a un libro a persoas interesadas en aprender compartindo con outros profesionais con intereses comúns en torno ao marketing e a Internet. Esta tarde, ás 19:e0 horas, debaterase ao redor dun dos libros que máis vendeu nos últimos meses, e que curiosamente encaixa na temática deste tipo de encontros, pois trátase da biografía de Steve Jobs escrita por Walter Isaacson.
Nacho Cabaleiro encargarase de presentar o libro sobre o co fundador de Apple, figura que serve para coñecer moitos detalles da historia da informática e para aprender sobre innovación e marketing, que de seguro que vai dar moito que falar esta tarde por mor do controvertido que é o personaxe que finou o pasado outono.

As xuntanzas do Reading Monday Club de Vigo teñen lugar no establecemento local de Casa del Libro

PUBLICIDADE