A banda larga española segue a ser máis cara que a media europea

mércores, 29 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Táboa comparativa de prezos elaborada pola CMT

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións pecha o ano de informes estatísticos coa comparativa de prezos de servizos de banda larga entre España e a Unión Europa (UE-27) a data do 30 de xuño de 2010, cuns resultado que volven a deixar a España e concretamente a Movistar en moi mal lugar, pois as conexións máis habituais (con velocidades de entre 2 e 10 Mbytes) serían en un 21,2% máis cara en España que na media das mellores ofertas europeas, mentres que se comparamos operadores históricos teriamos un prezo un 84,6% superior, ou sexa, que pagariamos 58,7 euros + IVE (por voz e datos) por un servizo que en Europa custaría de media 31,8 euros + IVE.
En velocidades de máis de 10 Mbps tamén seguimos tendo tarifas máis caras (un 28,7% nos mellores prezos e un 58,6% ao comparar operadores históricos), mentres que en conexións por debaixo dos 2 Mbps estariamos só lixeiramente sobre a media comunitaria (cun 10,3% e un 0,3% respectivamente).

PUBLICIDADE