A Xunta destaca que o Plan de Banda Larga está a construír os piares da Galicia do futuro

venres, 21 de outubro do 2011 Redacción

O evento retratado nas páxinas de La Voz de Galicia

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, que interviñeron esta noite na XVI Noite Galega das Telecomunicacións, que nesta edición tivo como lema central a Nova economía sobre a banda larga destacaron a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación como unha peza clave que permitirá acelerar a innovación en Galicia.
Mar Pereira salientou o Plan de Banda Larga como columna vertebral de todas as políticas tecnolóxicas da Xunta e un elemento fundamental na de dinamización económica e recordou que o obxectivo do Plan Banda Larga de Galicia 2010–2013 “é conseguir unha Galicia totalmente interconectada que sirva de base para a potenciación do sector TIC e a integración das novas tecnoloxías en todos os ámbitos da sociedade”.
Pola súa banda, Javier Guerra, que foi o encargado de pechar o acto de entrega dos premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, asegurou que no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento, I2C, vixente ata 2015, as TIC “poden e deben xogar un importante papel no impulso da innovación como un dos seus principais factores de aceleración”.
O titular de Economía e Industria, quen recordou que un dos programas sectoriais do I2C se centra especificamente nas TIC, salientou que a Xunta “é plenamente consciente do carácter transversal e tractor das tecnoloxías da información e a comunicación en relación con todos os demais ámbitos de coñecemento e sectores de actividade económica”.

PUBLICIDADE