A Xunta aprobou o decreto que regula a receita electrónica

xoves, 28 de agosto do 2008

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto que regula a introdución da receita electrónica no servizo público de saúde para mellorar a calidade asistencial e reducir o número de consultas para a renovación das prescricións.
Galicia sería así a terceira comunidade autónoma de España en contar cun decreto regulador da receita electrónica antes de que exista unha normativa estatal ao respecto. Os primeiros concellos en contar con esta tecnoloxía, de xeito experimental a partir de setembro, serán Miño e Salceda de Caselas.

PUBLICIDADE