A Xunta aproba a incorporación de TICs ó sector do transporte en Galicia

venres, 7 de setembro do 2007

O Consello da Xunta de Galicia vén de autorizar unha transferencia de crédito no orzamento da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que vai permitir poñer en funcionamento un programa de axuda a máis de 10.000 transportistas galegos. O obxectivo desta iniciativa é apoiar a modernización do sector na nosa terra e a mellora da seguridade así como a incorporación de novas tecnoloxías da información ó sector (sistemas de control de flotas por GPS, renovación de flotas...).
Este proxecto, autorizado pola Consellaría de Economía e Facenda e aprobado polo Consello da Xunta, acada os 9,41 millóns de euros e ampliarase ata os 12 millóns de euros na orde de axudas que aprobará a Consellaría de Política Territorial nas vindeiras semanas.

PUBLICIDADE