A Xbox 360 podería baixar de prezo nas vindeiras semanas

mércores, 2 de xullo do 2008

O modelo básico da Xbox 360 xa leva tempo ao atractivo prezo de 199,99 euros, pero para facer máis accesible as versións máis avanzadas Microsoft reducirá o seu prezo, de xeito que a consola con HDMI e disco duro de 20 Gb pasará de 349 a 299 dólares nas vindeiras semanas segundo o Hollywood Reporter (rebaixa que se anunciaría no E3).
A consola mencionada custa actualmente en España 269,99 euros, descoñecéndose se baixará o seu prezo durante o verán.

PUBLICIDADE