A Xbox 360 permitirá recibir contidos televisivos

mércores, 5 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Imaxe do futuro Dashboard da Xbox 360 que facilitará o acceso aos contidos televisivos

Microsoft anuncia que o vindeiro Nadal vai permitir que os usuarios de Xbox 360 poidan gozar dunha nova era da televisión, xa que vai permitir que o lecer electrónico sexa máis interactivo, xa que facilitará buscas na programación a través da súa consola de alta definición, dun catálogo de canles que poderán recibirse directamente dende a Xbox 360 para o que chegaron a acordos con numerosos provedores, que no caso español facilitará contidos de AlloCiné, Antena 3, Canal+, GolTV, RTVE, Telefónica, Dailymotion, Facebook, MSN con MSNBC.com, MUZU.TV, Twitter, Zune e YouTube.
Deste xeito, os usuarios da Xbox 360 poderán saltar comodamente dos seus xogos favoritos, á reprodución de vídeos e música e á visualización de televisión en directo, nunha oferta na que os deportes terán un peso substancial, e que parece estar a ser reflexo da tendencia que está a seguir a televisión grazas ás posibilidades que abre a banda larga.

Moitas son as compañías que chegaron a un acordo con Microsoft para ofrecer os seus contidos a través da Xbox 360


Anuncio coas novas posibilidades coas que contará a Xbox 360 no Nadal

PUBLICIDADE