A Xbox 360 dobra en vendas en Europa á PS3

xoves, 2 de outubro do 2008

Cando xa levamos un par semanas coas Xbox 360 a un prezo rebaixado podemos analizar os datos de vendas das consolas de Microsoft en Europa, e parece que están a ser moi positivos, pois Microsoft anunciou un incremento de vendas do 214%, de xeito que superaría á PS3 de Sony nunha relación de 2 a 1.
En vista dos próximos lanzamentos para a Xbox 360 (e da renovación do seu Dashboard) é de agardar que as súas boas vendas se manteñan ata o Nadal.

PUBLICIDADE