A Wii e o fútbol lideran as vendas de videoxogos en España na campaña de Nadal
xoves, 22 de xaneiro do 2009
Dende aDeSe
finalmente publicaron os datos
de vendas de videoxogos en España durante decembro de 2008, o que nos
permite coñecer cómo foi a campaña de Nadal, que confirma o liderado de
Nintendo. AsÃ, os 3 xogos máis vendidos serÃan Wii Play, Mario Kart e Wii Fit, tendo tamén a Wii a súa versión
do Monopoly en 5º posto, o que supón
un éxito incrible da consola doméstica de Nintendo, aÃnda que tamén hai que
destacar que nestas datas a base de consolas PlayStation 2 tamén se fai notar,
e introduce entre os 10 xogos máis vendidos aos futboleiros Pro Evolution Soccer 2009 (4º posto) e FIFA 09 (8º posto), mentres que fóra de
España é o FIFA 09 o que lle come as
papas na cabeza ao PES 2009. O PES 2009 tamén ocupa os postos 6º e 7º
da listaxe nas súas versión de PSP e PS3, confirmando o éxito dos xogos de fútbol
en España.
Para rematar, os postos 9º e 10º estarÃan reservados para o Call of Duty: World At War (PS3) e New Super Mario Bros (Nintendo DS),
quedando sorprendentemente a Xbox 360 fóra deste selecto grupo, mentres que
noutros paÃses conseguiu uns resultados de vendas notables.
A explicación destes resultados parece bastante sinxela: Nintendo
consegue que os seus xogos que veñen acompañados con accesorios (coma son Wii Play, Mario Kart e Wii Fit)
lideren as vendas porque son un agasallo ideal de Nadal para alguén que
teña unha Wii (que é a consola que máis vende, especialmente entre cativos e
público feminino), compartindo boas vendas con 4 tÃtulos futbolÃsticos (outra
aposta segura como agasallo, que os fan liderar as vendas para PSP, PS2 e PS3),
polo que nestas datas non hai que buscar a presenza de grandes xogos.
Curiosamente o xogo máis vendido para Xbox 360 foi o Lips, que se comercializa con 2 micrófonos sen fÃos, o que tamén se
explicarÃa polo efecto agasallo que
tanto se fai notar ao remate do ano.