A USC pon a disposición das empresas 31 patentes

martes, 3 de setembro do 2013 Redacción

A Universidade de Santiago informou estes días do nivel de fluxo en materia de transferencia tecnolóxica que están a adquirir as súas patentes. En detalle, os diversos equipos de I+D da USC puxeron a disposición das empresas 31 das súas patentes, procedentes todas elas de traballos feitos por investigadores da institución educativa galega e unha parte deles estreitamente relacionados coas novas tecnoloxías da información. Como por exemplo un programa información para mellorar a supresión de nitróxeno en reactores secuencias discontinuos e, xa nun plano puramente electrónico, un procesador de visión con arquitectura híbrida que permite operar en modo simple instrución con múltiples datos e cun cambio de modo dinámico.
Tamén se puxo a disposición do tecido produtivo un procesador que leva a cabo operacións de cálculo de potencia e raíz reducindo o tempo preciso por levalo a cabo en hardware e máis outro procesador de imaxes que combina a adquisición, a dixitalización e o seu procesado. Con este fluxo de achados e desenvolvementos, informa a USC, a Universidade súmase ao programa da Xunta que subvenciona até o 50% do gasto empresarial en innovación, incrementándose por outra banda as posibilidades de obter importantes ganancias derivadas da achega das licenzas.

PUBLICIDADE