A USC celebra o 25 aniversario da creación de Electrónica e Computación

mércores, 30 de maio do 2007

O Departamento de Electrónica e Computación da USC vai celebrar, ó longo dos días 31 de maio e 1 de xuño, unha serie de actos conmemorativos do 25 aniversario da implantación dos estudos desta disciplina na Universidade de Santiago. Nas dúas xornadas están convidados tódolos profesores e investigadores así como o persoal que participou dende a súa creación na vida deste departamento.
Entre os actos de celebración, cómpre salientar o relatorio 25 anos de Electrónica e Computación arredor da USC: unha visión persoal, da man do profesor José Mira Mira así como a mesa redonda Cara onde camiña a informática?, que terá lugar o vindeiro 1 de xuño na ETSE.

PUBLICIDADE