A Toxa acollerá os días 16 e 17 unha xornada TIC galego-portuguesa

venres, 9 de marzo do 2007

A Asociación de Xoves Empresarios de Galiza vén de presentar o programa e os obxectivos da novena edición da Xornada de Negocios, que se vai celebrar os días 16 e 17 de maio na illa da Toxa. Neste encontro, que xirará en boa medida arredor do emprego de ferramentas da Sociedade da Información encamiñadas a facer máis competitivos e rendibles os proxectos empresariais, inclúe relatorios e sesións para que os asistentes dean a coñecer os seus respectivos negocios. Asemade, celebrarase unha mesa redonda sobre financiamento de proxectos tecnolóxicos luso-galegos. A xuntanza conta co apoio de Caixanova e de Femxa Formación. As persoas interesadas en acudir deberán pórse en contacto coa organización a través da web habilitada ou do teléfono 986 22 60 53.

PUBLICIDADE