A TDT de pago só captou 40.000 abonados en 2 meses

xoves, 15 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A finais do mes pasado comentamos que a TDT de pago estaba a ter un mal comezo en España, e o feito de que só 15.000 dos 665.000 clientes de Gol Televisión subscribisen a canle a través da Televisión Dixital Terrestre parecía confirmar que non existía ningunha necesidade para o cambio do modelo de explotación da TDT abrindo a porta aos contidos Premium.
Agora vemos que a cousa está a cambiar moi pouco, e Jaume Roures, responsable de Mediapro, asegura que xuntaron 40.000 abonados á TDT de pago, cantidade que consideran satisfactoria despois de 2 meses dende a aprobación da normativa que regula a TDT Premium, pero que a calquera observador externo pode parecerlle un resultado nefasto, pois creou unha grande confusión entre os consumidores.
Roures tamén asegurou que de acadar un volume de subscritores elevado, Gol Televisión podería reducir a súa cota de abono no futuro.

PUBLICIDADE