A PlayStation 4 recibirá este mesmo ano unha nova versión de SingStar

mércores, 21 de maio do 2014 Marcus Fernández

Aproveitando o 10º aniversario de SingStar Sony anuncia que a súa saga de xogos de karaoke chegará á PlayStation 4 este mesmo ano con interesantes novidades como unha aplicación de balde para teléfonos móbiles que permitirá converter o noso smartphone nun micrófono sen fíos, evitando así que teñamos que mercar tal accesorio para tirar proveito deste popular xogo.
Esta nova aplicación para iOS e Android será compatible tanto con PlayStation 3 coma con PlayStation 4, e aparte de servir como micrófono, tamén facilitará a creación de listaxe de reprodución persoais. O novo SingStar tamén vai potenciar a experiencia social do xogo, facendo máis doado compartir os mellores fragmentos dunha noite musical el Twitter e Facebook (sen saír do xogo), mellora o seu sistema de puntuación (recompensando a actividade no xogo) e permitirá retar aos nosos compañeiros en liña.
O novo xogo chegará cunha colección de 30 cancións que detallarán en breve, e que poderá completarse con temas adquiridos a través da SingStore.

SingStar contará cunha aplicación que convertirá os smartphones en micrófonos sen fíos


Trailer de presentación do novo SingStar para PlayStation 4

PUBLICIDADE