A PS5 podería renovar o seu mando DualSense en breve

xoves, 11 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

A tenda Best Buy en Canadá listou temporalmente na súa páxina web un mando DualSense sen fíos para PlayStation 5 versión 2, que esteticamente luce igual que o modelo anterior, pero que podería conseguir o dobre de autonomía, o que sería unha mellora considerable, xa que entre os xogadores hai queixas sobre o moito que cómpre cargar o mando da PS5.
O mando DualSense V2 contaría cunha autonomía de até 12 horas, e pode ser un incentivo para moitos xogadores para facerse cun novo mando. É bastante posible que remate incluíndose coas consolas que se vendan nos vindeiros meses, pero dado que aínda non se anunciou oficialmente cómpre agardar para coñecer os plans de Sony de cara á posible renovación do mando de PS5.

PUBLICIDADE