A PS5 continuará a ser difícil de mercar en 2022

xoves, 11 de novembro do 2021 Marcus Fernández

A PlayStation 5 chegou hai un ano ao mercado anunciando que as consolas non chegarían a estar presentes nos estantes das tendas físicas, xa que Sony quixo priorizar a venda en liña e as reservas como unha aposta pola seguridade en tempos de pandemia, situación que non mudou en todos estes meses ante a falta de existencias dunha consola da que conseguíronse vender preto de 14 millóns de unidades pese ás dificultades que aseguran que non cesarán en 2022.
Dende Boomberg veñen de advertir que nos vindeiros meses podería ser incluso máis complicado facerse cunha PlayStation 5 xa que as previsións de fabricación de consolas de Sony de cara aos seus balances económicos está a axustarse á baixa ante as dificultades para abastecerse de semicondutores e as moitas limitacións loxísticas. Detallas que Sony tiña previsto que no mes de marzo de 2022 a PS5 puidese superar os 16 millóns de consolas vendidas, pero agora baixan a marca aos 15 millóns, o que indicaría que están a atopar serios problemas na fabricación e distribución de consolas.
Tendo en conta que se achega o Black Friday e que as compras actuais están claramente orientadas ao Nadal, pode entenderse que estamos ante un ano máis sen a PlayStation 5 nas cartas aos Reis Magos ante a imposibilidade de facerse coas consolas no escenario actual, existindo auténticas carreiras cada vez que chegan unhas poucas unidades ás tendas, que esgótanse en poucos minutos.
A isto hai que sumar que os establecementos están a aproveitar a oportunidade para incrementar a súa facturación, de xeito que as poucas consolas que reciben non as ofertas de xeito independente, senón que as venden acompañadas por xogos e accesorios, polo que operacións que normalmente serían de 400-500 euros rematan pechándose no contorno dos 700 euros.
En calquera caso cómpre lembrar que ante a dificultade de facerse coa PS5 e o xigantesco parque de consolas PS4, os grandes xogos de PlayStation previstos para os vindeiros meses (incluíndo as secuelas de God of War e Horizon Zero Dawn) chegarán tamén para as consolas da anterior xeración, de xeito que hai poucos incentivos para o salto de xeración.

PUBLICIDADE