A Oficina de Software Libre da USC ofrece este verán un bo número de cursos
xoves, 7 de xullo do 2011
- Xornada de localización ao galego organizada pola Oficina
A Universidade de Santiago, a través da súa Oficina
de Software Libre, conta cun amplo e interesante programa de accións formativas
e divulgativas de verán relacionadas coa promoción e uso da programación aberta.
Entre esas actividades inclúese o curso Boas prácticas na informática
e na Internet con ferramentas Floss, proposta divulgativa a desenvolver
este mes de xullo (dÃas 23 e 30) e co remate previsto para agosto, o dÃa 6. Nesta
actividade, na que participarán
expertos en materia de informática libre como Roberto Brenlla (fundador da
asociación AGNIX), informarase das moitas vantaxes que pon en xogo a tódolos
niveis a programación libre, facendo fincapé na compatibilidade, no aforro en
licenzas e custes e na marxe de adaptación que ofrecen os programas de código
aberto.
Este será, principalmente, o eixe temático da
primeira sesión. Na segunda, trataranse as boas prácticas na ofimática con
recomendación sobre os formatos nos que se deben comprimir e gardar documentos,
como realizar un documento de texto ou unha presentación asà sobre que
ferramentas de utilidade en ofimática poden usar os usuarios. O enxeñeiro e
coordinador da Oficina de Software Libre da USC, Enrique Estévez, encargarase
de desenvolver este tema, conta a USC. Como remate, a actividade centrarase na
comunicación na rede, afondando en cuestións como a mensaxeirÃa instantánea, o
correo electrónico ou as redes sociais. Esta sesión contará coa presenza de DenÃs
Fernández, presidente da Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia.
Máis
actividades
Con todo, e tal como sinalamos ao comezo deste
texto, a oferta formativa da Oficina de Software Libre da USC non remata co
devandito curso sobre boas prácticas. Segundo nos conta Enrique Estévez,
coordinador do dito departamento, a listaxe de accións non deixa ren sen cubrir.
Cómpre que lles botemos un ollo a cada un dos cursos, posto que todo indica a
que a programación en aberto será unha das grandes estratexias do noso sector
TIC ao longo dos anos vindeiros, con todo o que isto implica de estandarización
en termos de programación aberta a nivel administrativo, educativo e
empresarial.
· Traballo
diario con Ubuntu. O sistema operativo e do proxecto ABALAR.
· Localización de aplicativos ao
galego. Aprende traducindo.
· Deseño
e autoedición con software libre: logotipos, revistas e retoque fotográfico.
As actividades son de especial importancia a tódolos
niveis, tanto para estudantes como docentes e profesionais das TIC.