A OSL da UDC organizada unhas Xornadas Técnicas de Software Libre a semana que vén
luns, 14 de novembro do 2011
Entre os dÃas 21 e 25 de novembro a Oficina de Software
Libre da Universidade da Coruña realizará unhas Xornadas Técnicas de
Software Libre, que pretenden formar aos asistentes nunha serie de
ferramentas de software libre moi presentes na actualidade, ofrecendo formación
especializada en cada unha delas e difundindo o coñecemento e o uso do software
libre.
As xornadas terán lugar na Aula Libre sita no andar -3 do Edificio de Servizos
Centrais de Investigación da UDC, e achegarase a Python, Django, Erlang,
Haskell, Android e outras plataformas de código aberto atendendo ao seguinte
calendario:
· 21 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución
a Python
· 21 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución
a Django
· 22 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Aplicacións
con vÃdeo con GStreamer
· 22 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Sistema
Virtual. LXC.
· 23 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución
a Erlang
· 23 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución
a Haskell
· 24 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución
a Android
· 24 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución
a Asterisk orientada á VOIP mediante SIP
· 25 de novembro de 2011: 16:30 a 20:30 Introdución
á edición de textos con LaTeX