A OSL da UDC estrea un directorio de software libre

venres, 19 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña estreou esta semana na súa páxina web un completo directorio de aplicacións informáticas de software libre e preferentemente multiplataforma, que polo momento recolle máis de 70 programas clasificados en distintas categorías (Internet, Oficina, Utilidades, Multimedia e Científico) segundo as súas funcionalidades.
Este repositorio súmase así aos que actualmente ofrece Mancomún a través do DVD de ferramentas informáticas para a PEME ou por Galicia PMS, aínda que neste caso o software seleccionado non está dirixido exclusivamente a un uso empresariais, senón que resulta máis versátil, indo dende aplicacións básicas ata ferramentas de cálculo científico.

PUBLICIDADE