A Nintendo Switch chega aos 20 millóns de consolas vendidas
martes, 31 de xullo do 2018
Nintendo vén de publicar os seus resultados
financeiros correspondentes ao segundo trimestre do ano, confirmando a boa
saúde da Nintendo Switch, consola que está
a superar sobradamente á súa predecesora, a Wii U. A compañÃa nipoa tamén
deu conta das vendas dalgúns lanzamentos do pasado trimestre, no que Donkey Kong Contry: Tropical Freeze vendeu
1,4 millóns de unidades, Mario Tenis Aces
vendeu 1,38 millóns de unidades (e iso que saÃu no mes de xuño) e incluso Nintendo Labo conseguiu colocar 1,39
millóns de unidades en todo o mundo (pese ás crÃticas iniciais que apuntaban
que o produto de cartón era demasiado
caro).
Nun plano máis secundario quedan outras consolas como a familia Nintendo 3DS,
que no seu 8º ano vendeu 0,36 millóns de unidades e 2,95 millóns de xogos (a
metade que o ano pasado) dando a impresión de que a Nintendo Switch está a
tomar o relevo de xeito conxunto tanto da Wii U como da 3DS ao poder funcionar
como consola doméstica e portátil. Tamén foron importantes as vendas do relanzamento
da NES mini, que vendeu 1,26 millóns de unidades pese a non estarmos na campaña
de Nadal, confirmando o atractivo deste tipo de produtos retro.
No ámbito dixital, Nintendo facturou 18.500 iens en descargas para Nintendo
Switch e 9 mil millóns de iens nos seus xogos para dispositivos móbiles (Super Mario Run, Fire Emblem Heroes e Animal
Crossing: Pocket Camp).
Este balance de Nintendo tamén serve para saber cal é o seu parque
actual de consolas, de xeito que a 30 de xuño temos que o número de
unidades de Nintendo Switch serÃa de 19,67 millóns de unidades, acompañadas por
86,93 millóns de xogos vendidos, volume realmente notable se temos en conta que
a consola levarÃa só 16 meses no mercado e a súa predecesora, a Wii U, en 5
anos só terÃa vendido 13,56 millóns de consolas e 102,28 millóns de xogos.
Se analizamos os xogos, resulta evidente que en Switch están a arrasar as
franquÃas de Nintendo, con Super Mario
Odyssey vendendo 11,17 millóns de copias dende o seu lanzamento, Mario Kart 8 Deluxe con 10,35 millóns de
copias e The Legend of Zelda: Breath of
the Wild con 9,32 millóns de copias. En cuarta posición en vendas conseguiuse
coar unha franquÃa relativamente nova, xa que Splatoon 2 conseguiu vender 6,76 millóns de unidades, o que ten
especial mérito por ser basicamente un port
da versión de Wii U, polo que a serie aÃnda poderÃa dar moitas sorpresas no
futuro e converterse no grande xogo competitivo que Nintendo persegue.