A MTV ofrecerá os seus contidos nun buscador chinés

mércores, 18 de outubro do 2006 Marcus Fernández

MTV Networks chegou a un acordo co buscador chinés Baidu para difundir no país asiático os seus vídeos musicais para mellorar a súa penetración en tal mercado da Internet.
Os vídeos musicais da MTV e os programas da canle Nickelodeon poderanse ver de balde tras o visionado da correspondente publicidade, e tamén se poderán mercar para a súa descarga, compartindo a MTV e Baidu os ingresos acadados por estes conceptos.
Bill Roedy, presidente de MTV Networks International, declarou que este contrato con Baidu supón un “paso importante para os contidos de vídeo baixo licenza” porque compensará a tódolos creadores de contidos e persuadirá ós consumidores chineses a mercar contidos en vez de piratealos, aínda que o principal negocio seguirá a ser a publicidade.

PUBLICIDADE