A Leica SL3 ofrece grandes prestacións a preto de 7 mil euros

venres, 8 de marzo do 2024 Marcus Fernández

O fabricante de cámaras fotográficas Leica está a traer ao mercado a súa nova creación, a cámara Leica SL3, que xunta calidade de fabricación, calidade de imaxe e facilidade de uso nunha cámara de fotograma completo sen espello que só está ao alcance duns poucos afeccionados á fotografía dado o seu prezo de 6.860 euros.
A Leica SL3 ten un sensor full-frame CMOS BSI con tecnoloxía de resolución tripla (60/36/18 Míxeles), estabilización de imaxe integrada no corpo, montura en L, enfoque automático híbrido (AF por detección de fase, AF por contraste, AF por detección de obxectos e IA), ten un impresionante visor OLED de 5,67 Mpíxeles, pantalla inclinable de 3,2 polgadas e 2,3 Mpíxeles, conectividade Bluetooth e Wi-Fi, porto USB-C, saída HDMI 2.1 e protección IP54.
Esta cámara fabricada en Alemaña a man e cos mellores materiais, aínda que destaque principalmente no apartado fotográficos ao ser capaz de rexistrar fotografías de 60 Mpíxeles cun rango dinámico de até 15 pasos e unha profundidade de cor de 14 bits, tampouco descoida o apartado videográfico, sendo capaz de gravar en 8K en formatos altamente eficientes (soporta H.264, H.265 e ProRes) e permitindo incluso gravar en 4K até a 600 Mbps.

Vídeo promocional da nova Leica SL3