A LaconNetwork viaxará ao Grove esta mesma semana

luns, 15 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Adiantándose unha semana á súa data de celebración habitual o último venres de cada mes, a LaconNetwork, encontro gastronómico de profesionais e emprendedores do sector TIC galego, terá lugar o vindeiro día 19 a partir das 14:30 horas no Náutico da praia da Barosa en San Vicente do Mar (O Grove). O encontro ao redor de empanada, tortilla e outras cousas para picar completarase cunha charla cun convidado, Ivan Smith, CEO de emesound.com, unha plataforma que facilita aos artistas a creación de experiencias musicais en liña dun xeito interactivo, colaborativo e conectado coas redes sociais a través do Live Streaming.
Para participar nesta edición da LaconNetwork haberá que inscribirse vía web e aboar 20 euros para sufragar o xantar.

PUBLICIDADE