A LaconNetwork trasládase este mes á Cidade Universitaria de Vigo

xoves, 16 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O venres 24 de febreiro a Cidade Universitaria de Vigo acollerá unha nova edición da LaconNetwork, evento que xunta a numerosos emprendedores tecnolóxicos de Galicia para compartir un xantar como desculpa para establecer relacións entre eles e favorecer o xurdimento de sinerxías.
Este encontro comezará ás 12:00 horas e terá como preludio do xantar un breve relatorio de Miguel Silva, co fundador do fabricante de electrónica de consumo Blusens, que levará por título Where is my crispy Bacon?.
Para coñecer máis detalles sobre os asistentes a este encontro tecnolóxico pode visitarse o seu evento en Facebook, sendo precisa a inscrición previa para poder acudir ao mesmo. O prezo do xantar que haberá que pagar de xeito anticipado será de 20 euros/persoa.

PUBLICIDADE