A LaconNetwork recibirá o verán na Illa de Ons

mércores, 17 de xuño do 2015 Marcus Fernández

O encontro gastronómico mensual para emprendedores e profesionais do sector TIC galego, a LaconNetwork, quere recibir o verán nun enclave privilexiado da nosa costa, e celebrará a súa 62ª edición na Illa de Ons, de xeito que os interesados en participar deberán inscribirse o antes posible e acudir ás 14:30 horas do 26 de xuño ao peirao de Bueu, aboando 30 euros polo xantar e podendo gozar dunha cea e aloxamento compartido nunha casa durante a noite por 25 euros adicionais.
Esta entrega da LaconNetwork, organizada por CreAPPcuentos, completará a viaxe cara a illa cunha charla. O xantar con networking estará complementado con vermú e pinchos de benvida, e o retorno a Bueu está programado para as 20:00 horas.

PUBLICIDADE