A LaconNetwork recibe o outono o vindeiro venres no Aquarium Finisterrae da Coruña

luns, 23 de setembro do 2013 Marcus Fernández

O encontro gastronómico dos emprendedores “coa cabeza na nube”, a LaconNetwork, xuntará o vindeiro venres a partir das 13:00 horas a numerosos profesionais do sector tecnolóxico galego no restaurante do Aquarium Finisterrae da cidade da Coruña, lugar onde celebrarán un xantar-networking que ten previsto desenvolverse ás 14:30 horas, precedido por unha presentación da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e unha charla de Marcela Parga.
Para participar nesta actividade é preciso inscribirse na páxina web do evento, aboando 21 euros para sufragar o xantar, animándose aos asistentes a que ás 17:00 horas visiten o acuario herculino (non estando incluída a entrega ao museo científico no prezo de inscrición da LaconNetwork).

PUBLICIDADE