A LaconNetwork pechará febreiro en Vilagarcía de Arousa

venres, 21 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Tras a grande celebración do seu cuarto aniversario, a LaconNetwork volver á normalidade cos seus encontros mensuais, de xeito que o vindeiro día 28 ás 14:30 celebrará a súa 47ª edición na Tapería A Batea, unha caseta do porto deportivo de Vilagarcía de Arousa, na que se xuntarán profesionais e emprendedores do sector TIC galego para xantar e relacionarse entre eles para facilitar o florecemento de sinerxías ente os distintos axentes galegos deste ámbito profesional.
Os interesados en acudir a este encontro deben inscribirse na súa páxina web e aboar os 16 euros que sufragarán un xantar no que poderá degustarse empanada, xamón, queixo, tortilla, calamares, polbo, croquetas, bebida e café. Tamén existe un evento en Facebook e outro en Google+ nos que podemos facernos unha idea dos profesionais que acudirán á xuntanza tecnolóxico-gastronómica, á vez que facilítase a comunicación entre os mesmos de cara ao evento que pechará o presente mes.

PUBLICIDADE