A Forxa de Mancomún contribúe a un proxecto europeo de interoperabilidade semántica

luns, 23 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Xesús M. Martínez Baleato presentando a Mancomún ante o SEMIC

O Centro Europeo de Interoperabilidade Semántica (SEMIC), iniciativa da UE para abordar a capacidade de intercambio de datos e de comunicación entre as distintas administracións europeas preservando o significado dos datos foi presentada oficialmente pola Dirección Xeral de Informática da Comunisión Europea (DIGIT) nunha conferencia celebrada o pasado 17 de xuño en Bruxelas, e na que se deron cita representantes dos principais proxectos europeos relacionados coa material, entre os que destaca o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún, que foi o único proxecto español presente.
O coordinador de Mancomún, Xesús Manuel Benítez Baleato, e a responsable de comunicación, Irene Touriño, acudiron ao evento para participar nunha mesa de traballo na que o Centro de Referencia era panelista, demostrando o seu compromiso cos proxectos europeos aos que contribúen coa súa experiencia en materia de tecnoloxías abertas.

A Forxa, o repositorio galego emprendido porMancomún foi a achega que se fixo a SEMIC, e podería servir como referencia para o futuro Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre (OSOR).

PUBLICIDADE