A Deputación destinará máis de 1 millón de euros para ampliar a banda larga na provincia de Lugo

xoves, 8 de abril do 2010 Marcus Fernández

A Deputación de Lugo porá en marcha o concurso Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicacións, cunha dotación superior ao millón de euros, co financiado nun 70% con fondos FEDER en un 30% polo INLUDES, co obxectivo de garantir que aos concellos da provincia e á Deputación os mecanismos necesarios para acceder á Rede en condicións dignas.
Esta actuación complementa ao anterior concurso adxudicado dentro do programa Innova-TE, o de maior investimento en TIC feito nunca en Galicia (con 7 millóns de euros nun único prego).
O 20 de abril a Deputación de Lugo celebrará no Pazo de San Marcos ás 12:00 horas unha xornada informativa para dar conta do contido deste concurso ás empresas interesadas, que deberán confirmar a súa asistencia por correo electrónico antes do 19 de abril, aínda que a participación na xornada informativa non é condición imprescindible para concorrer á licitación.

PUBLICIDADE