A Deputación de Pontevedra instalará unha rede wifi en Ponte Caldelas

martes, 20 de novembro do 2007

O Concello de Pontecaldelas vén de solicitar perante a Deputación de Pontevedra, a instalación dunha rede wifi en todo o territorio que lle posibilite o acceso de balde a Internet a tódolos residentes do municipio.
A Deputación, ao mando do seu presidente, Rafael Louzán, vai atender esta petición dentro dun plan que a entidade liderará na provincia para instalar este tipo de conexión a Internet nos distintos concellos.

PUBLICIDADE