A Coruña pon o foco na dixitalización no seu novo programa formativo de empregabilidade

xoves, 9 de xuño do 2022 S. P.

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, ofrece esta tempada un novo catálogo de accións formativas en liña. O prazo de inscrición estará aberto entre o 20 de xuño e o 4 de xullo, día que darán comezo os cursos. As matrículas poderán facerse na web municipal de Emprego. Trátase dun programa para impulsar a inserción laboral da cidadanía. Terán preferencia os maiores de 16 anos. Todas as accións levan competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual.
Cada persoa poderá seleccionar as accións formativas das áreas de especialización: idiomas (inglés, francés e alemán en distintos niveis), administración de empresas (seguridade informática, sinatura dixital, notificacións e rexistros electrónico, trámites en liña coa administración, comunicación, habilidades directivas ... ) e comercio e mercadotecnia (comercio electrónico, venda en liña, teletraballo e call center, comunity manager, satisfacción do cliente , calidade e atención de queixas, manipulación de alimentos...)
As accións formativas estarán dispoñíbeis dunha forma integramente en liña e accesíbeis na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana.


PUBLICIDADE