A Coruña acolle o vindeiro sábado a cuarta Noite Drupal & GNU/Linux

luns, 19 de marzo do 2012 Fernando Sarasketa

Detalle do cartaz da primeira Noite, celebrada en Mugardos da man de O Zulo

A ferramenta de xestión Drupal para a publicación de artigos e imaxes e os sistemas operativos GNU/Linux, ambos software libre, serán os dous piares fundamentais da xuntanza programada para este 24 de marzo no local da Asociación Cultural Ociorum en A Coruña. A IV Noite Drupal & GNU/Linux vén da man das asociacións GALPon, Comunidade O Zulo, Inestable e a Asociación Ociorum. Segundo nos fan saber dende a web de Mancomún, o encontro ten a súa orixe en abril de 2011 en Mugardos, cando os ditos colectivos decidiron mover ficha para afondar nas posibilidades dos devanditos sistemas e amplialas ao meirande número de ámbitos do noso tecido económico-social.
A Noite trasladouse a Vigo e despois a Ordes, recalando agora na Coruña, ampliándose, con cada chanzo que se subiu, o radio de acción e o alcance do traballo conseguido. Así, para esta cuarta convocatoria estendéronse a flexibilizáronse os horarios para abrir o evento a tódolos niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e o software libre. A actividade é de carácter gratuíto, e só precisa de inscrición.
Segundo se informa, as catro organizadoras desta actividade están a pechar fileiras para crear un grupo de usuarios/as galegos/as de Drupal cos seguinte obxectivos:
· Crear un espazo dinámico de referencia de innovación, dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
· Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
· Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.
O programa desta IV noite Drupal é o seguinte:
· 11:00 – 14:00 : Achégate a coñecer o mundo Drupal e GNU/Linux. Parte da comunidade galega de Drupal estará presente para guiarte nos teus primeiros pasos!
· 16:00 – 20:00
Charla “Ecosistema Drupal” -> @quicoprol
Charla “Localización en Drupal” -> Bouzada
Charla “Openlayers” -> @jcartelle
Charla “Mellorando o rendemento en Drupal 7”
· Noite 22:30 – Fin : Será o momento de falar , programar , compartir , desexar , construír , hackear , aprender , optimizar , ensinar , etc , ... todo con como protagonista.

PUBLICIDADE