A Comisión Europea podería establecer un arancel sobre os teléfonos móbiles

luns, 15 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A Comisión Europea propuxo a creación dunha nova cualificación aduaneira para os teléfonos móbiles máis avanzados con funcións coma GPS, recepción de televisión ou cámara (que xa son o 60% do mercado) para recibir un novo arancel de ata o 14% do seu prezo nominal cando na actualidade non se gravaban de ningún xeito dentro da U.E., o que podería supor para as arcas comunitarias un total de 2.300 millóns de euros anuais.
Esta decisión podería perseguir a aproveitamento da boa saúde do sector da telefonía móbil cando outros sectores están a superar peor a crise económica, e sorprendeu á patronal española de empresas de electrónica, Aetic, dende a que se opoñen á medida porque podería pór en perigo a competitividade de Europa fronte a outros mercados.
Tampouco hai que esquecer que en países coma España moitos móbiles tamén están gravados cun canon dixital, polo que os terminais xa resultan máis caros do habitual en boa parte do mundo.

PUBLICIDADE