A CUTT, galardoada polo seu labor a prol da protección de datos

luns, 19 de marzo do 2007

A Coordinadora Unitaria de Traballadores de Telemarking, que está a loitar polos dereitos dos traballadores despedidos de Atento na Coruña, vén de recibir un premio pola súa tarefa na defensa dos datos dos clientes e dos empregados deste tipo de empresas, concretamente grazas ó traballo A protección de datos en Galicia: a deslocalización do telemarketing. O galardón veu da man do Movemento polos Dereitos Civís, a través do Certame Dereitos Civís en Galicia. O devandito traballo da Coordinadora parte da seguinte base: a deslocalización (sinala) de empresas como Atento cara a outros países con man de obra máis barata é unha tripla violación dos dos dereitos dos cidadáns: viola a proteción de datos inherente á dignidade da persoa, a concepción dos servizos de telefonía como universais e públicos e os dereitos dos traballadores.

PUBLICIDADE