A CRTVG adaptarase ás novas demandas de consumo a través dun plan de acción
xoves, 19 de xullo do 2018
A directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o director da CRTVG,
Alfonso Sánchez, asinaron hoxe un
convenio para dar soporte ao Plan de acción para o impulso aos contidos
dixitais de Galicia, DICO Mindset, que contempla un orzamento total de
2.430.000 euros ata o 2020. A axencia pública autonómica achegará 1.780.000 de
euros, cofinanciados nun 80% con Fondos FEDER, para facilitar o posicionamento
da televisión pública autonómica nos novos hábitos de consumo.
Dentro das actuacións a realizar, está previsto a creación
de contidos interactivos innovadores para o ámbito educativo non regrado que se
integrarán nunha nova unha canle temática. Con esta actuación quérese estimular
o uso de novas canles e medios, en liña coas novas tendencias de consumo de
contidos educativos, que se poidan orientar ao progreso e ás preferencias
educativas do alumnado, a partir da aplicación das TIC.
Ademais, para mellorar a experiencia de usuario incorporaranse
as segundas pantallas, asà como a creación de contidos especÃficos baseados en
realidade aumentada, realidade virtual etc... para ser consumidos nelas.
Por último, para completar o proxecto, está previsto deseñar
modelos para a análise de datos, baseados en técnicas de Big Data, que permitan
medir e analizar os comportamentos da audiencia co obxectivo de crear canles
multimedia personalizadas.
Compra Pública Innovadora
Estas solucións desenvolveranse a través do sistema de
compra pública innovadora. O seguinte paso do procedemento será a publicación
nos vindeiros dÃas publicación dunha
resolución conxunta da AMTEGA e a CRTVG coa que se abrirá o perÃodo de consultas preliminares ao
mercado.
Durante o mes de setembro está prevista a celebración dun
Workshop no que as empresas interesadas en presentar proxectos poderán realizar
consultas aos técnicos da AMTEGA e a CRTVG que lles explicarán as necesidades
que buscan satisfacer con estas iniciativas.
Unha vez finalizada esta fase de consulta definiranse os
proxectos concretos e abrirase o perÃodo de licitacións públicas para obter a
solución tecnolóxica que mellor responda as necesidades expostas
Plan DICO Mindset
Estas iniciativas en colaboración coa CRTVG son un dos
proxectos tractores impulsados desde e a Administración autonómica no marco do
DICO Mindset para dar resposta a demandas concretas e ter, tamén un efecto de estÃmulo para o sector.
Esta estratexia define actuacións en tres eixos: o reforzo
do capital humano, o desenvolvemento de
proxectos tractores e o fomento da competitividade dixital para configurar un
sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste
momento aglutina en torno a 900 empresas con preto de 5.400 empregados.
Ademais, está previsto crear un centro de xeración de
contidos educativos innovadores e dentro da iniciativa de Memoria Dixital
apostarse pola aplicación da innovación tecnolóxica a todo o ciclo de vida de
preservación, xestión e promoción do patrimonio cultural galego.
A execución do Plan obedece a unha filosofÃa de coordinación
e colaboración entre distintas entidades do ámbito público (AMTEGA, IGAPE,
CRTVG, AGADIC, etc.), que se estende tamén aos actores do ámbito privado
(Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras, etc.). En total, DICO
Mindset conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de
1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no perÃodo 2018-2020.