A CNN leva as súas emisións en directo á web e aos dispositivos móbiles de Apple

martes, 19 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Dende este luns, a CNN ofrece as súas emisións televisivas en directo durante as 24 horas a través da súa páxina web, da súa aplicación para iPad e da súa aplicación para iPhone e iPod Touch, o que segundo a compañía sería a primeira empresa de novas en ofrecer as súas canles televisivas en liña e en dispositivos móbiles a usuarios que subscriban o seu servizo de vídeo multicanle (actualmente hai uns 50 millóns de fogares con acceso á CNN a través de distintas plataformas).
A CNN quere levar os seus contidos a máis xente e plataformas, así como animar aos seus espectadores a participar, á vez atenden a unha demanda existente que demostra o feito de que as aplicacións móbiles da CNN fosen descargadas por uns 10 millóns de usuarios.

PUBLICIDADE