A CMT xa ten rexistradas 161 licenzas de Operadoras Móbiles Virtuais

mércores, 25 de outubro do 2006

O lanzamento dos novos Operadores Móbiles Virtuais parece que estará concorrido, xa que os rexistros da Comisión do Mercado das Telecomunicacións contan xa con 136 empresas con licenza para revender minutos, mentres que as que ofrecerán telefonía móbil virtual serán unhas 25, o que podería causar unha saturación no mercado, aínda que non se agarda que todas concreten o seu lanzamento.
Ata o momento só parecen próximos os lanzamentos de Euskaltel (da man de Vodafone), The Phone House (que revenderá minutos de Orange), Carrerour (que ofrecerá unha única tarifa de 0,15 céntimos/minuto a través da rede de Orange) e El Corte Inglés (que en breve podería pechar un acordo con Telefónica).
Agárdase que máis adiante se unan Ono, Jazztel e Tele2, non que pode converterse unha guerra por achegar clientes que poderá repercutir positivamente nos petos dos consumidores.

PUBLICIDADE