A CMT multa con 10 millóns de euros a Telefónica

xoves, 13 de novembro do 2008

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións impuxo a Telefónica unha sanción económica de 10 millóns de euros por infracción moi grave ao incumprir coa súa obriga de ofrecer aos operadores alternativos os bucles de telecomunicacións nos mesmos prazos que a si mesma.
A operadora xa fora sancionada por un importe de 20 millóns de euros en outubro por unha infracción semellante.

PUBLICIDADE