A CMT multa a Telefónica por pór atrancos a Jazztel

mércores, 2 de xaneiro do 2008

Pese a que Jazztel e Telefónica xa enterraron a machada de guerra, a Comisión do Mercado das Telecomunicacións vén de sancionar a Telefónica polo seu trato a Jazztel, no que se considerou unha infracción moi grave.
Telefónica terá que pagar unha multa de 2 millóns de dólares por non atender a un ultimátum da CMT no que se forzaba a Telefónica a facilitar a Jazztel o acceso ós circuítos necesarios para prestar servizo ós seus clientes.

PUBLICIDADE