A CEF imparte un curso de e-marketing para traballadores en activo e autónomos

luns, 28 de maio do 2007

A Confederación de Empresarios de Ferrol vén de anunciar a impartición dun curso de e-marketing de 20 horas de duración e totalmente de balde, destinado a traballadores en activo do Réxime Xeral da Seguridade Social e do Réxime de Autónomos.
O curso terá lugar a partir do vindeiro 15 de xuño de 2007 e servirá principalmente para dar a coñecer as técnicas de captación e fidelización de clientes en Internet, amosar a evolución do marketing na Rede e ofrecer unha toma de contacto coa e-ética.
Os interesados en realizar a inscrsción, han de chamar ó 902 300 981 ou acudir á web da devandita Confederación.

PUBLICIDADE