A CEF convoca un curso de Atención telefónica e comercial

martes, 3 de abril do 2007

Dende o vindeiro 10 de abril a Confederación de Empresarios de Ferrol (CEF) pon en marcha un curso de Atención telefónica e comercial destinado a traballadores en activo do Réxime Xeral da Seguridade Social e do Réxime de Autónomos. O devandito cursiño, de 20 horas de duración, será totalmente de balde e servirá -entre outras cousas- para afianzar o valor corporativo das empresas orientadas ó cliente, para acadar unha maior involucración dos profesionais coas metas da empresa e para dotar ós recursos humanos dos coñecementos axeitados ó sei posto.
Os interesados en inscribirse deberán contactar cos responsables do curso a través do teléfono 902 300 981.

PUBLICIDADE