A BBC estreará a finais de xullo un sistema de descarga dos seus contidos audiovisuais

xoves, 28 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A canle de televisión pública británica porá a disposición dos internautas os seus contidos de radio e televisión a través dun nova plataforma que se estreará o vindeiro 27 de xullo e que permitirá a descarga dos programas televisivos e radiofónicos emitidos nos últimos 7 días e que se poderán ver durante unha semana (medida pensada para non prexudicar as vendas de DVD).
O BBC iPlayer será o reprodutor empregado para acceder ós atractivos contidos da canle británica, que traballou durante preto de 3 anos no seu desenvolvemento e supón un investimento de 131 millóns de libras esterlinas durante 5 anos.
Dende a BBC tamén están a traballar en levar este novo servizo ós móbiles, así como achegalo ós portais de Internet británicos máis importantes.


Ashley Highfield, director de Tecnoloxía e Medios Futuros da BBC, presenta o iPlayer

PUBLICIDADE