A Aula CeMIT de Ribeira formará á cidadanía en eAdministración, xestión empresarial e ecommerce

xoves, 9 de maio do 2024 S. P.

O segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro Fernando Abraldes presentaron este xoves 9 de maio os novos cursos de capacitación tecnolóxica que se desenvolverán na Aula CeMIT municipal durante os meses de maio e xuño, en horario de mañá, organizados pola Concellería de Novas Tecnoloxías. Porán o foco no uso das ferramentas de Google, na xestión empresarial con novas ferramentas, na mercadotecnia (marketing), nas mellores técnicas para vender en Internet e en como tirar proveito das ferramentas da eAdministración (a Administración Electrónica).
“Estes cursos están pensados para facilitar ás empresas de Ribeira as ferramentas necesarias para a súa dixitalización”, explicou o concelleiro de novas tecnoloxías, Suárez-Puerta.
As actividades que se impartirán serán as seguintes:
- Ferramentas de xestión e comunicación I: Gmail, Google Meet, Drive e Calendar, o 24 de maio.
- Ferramentas de xestión e comunicación II: Google Sites, Trello e Slack ,o 24 de maio.
- Ferramentas de xestión e comunicación III: mercadotecnia por email, CRM e facturación, o 31 de maio.
- Marketing dixital I, como crear unha marca, o 31 de maio.
- Marketing dixital II: crear contidos de valor, promoción a través de FB e IG, e análise de indicadores de resultado, o 7 de xuño.
- Marketing dixital III, SEO, SEM, Google Analytics e Google Ads, o 7 de xuño.
- Comercio electrónico I, introdución ao comercio electrónico, o 14 de xuño.
- Comercio electrónico II: como vender os teus produtos en marketplaces e crear a túa propia tenda en liña, o 14 de xuño.
- Administración Electrónica: DNIe, certificado electrónico e sinatura electrónica, o 21 de xuño.
As inscricións poderanse realizar a través do correo cemit.ribeira@xunta.gal ou ben mediante o teléfono 981876043.

PUBLICIDADE