A AGADIC aproba a adxudicación de 5.250.000 euros en axudas a 79 proxectos audiovisuais galegos
mércores, 5 de agosto do 2009
A Axencia Galega das Industrias Culturais resolveu a
adxudicación dun total de 5.250.000 euros a 79 proxectos audiovisuais galegos
a través de dúas das seis liñas de axuda ao sector convocadas en 2009. Deste
importe global, 4.850.000 euros destÃnanse á produción e coprodución de 31
longametraxes en lingua galega ao longo de catro anualidades (ata 2012),
mentres que outros 400.000 euros están dirixidos á promoción do talento
audiovisual galego a través do apoio a 48 propostas de creación individual para
a escrita de guións e para a realización de longametraxes e curtametraxes en
soporte dixital, asà como de curtas experimentais.
Nesta primeira quenda de resolucións foi adxudicado o
76% do orzamento global (6.900.000 euros) reservado ás subvencións ao sector
audiovisual galego convocadas este ano por primeira vez a través da AGADIC.
Antes do vindeiro 31 de agosto, aprobarase a relación de adxudicatarios e
contÃas outorgadas nas convocatorias correspondentes ao desenvolvemento de
proxectos audiovisuais en lingua galega, á produción de curtametraxes e
videoclips en versión orixinal en lingua galega, e ao desenvolvemento e
produción de contidos interactivos en lingua galega; mentres que no caso da
nova categorÃa de axudas de concesión automática para a amortización dos custos
de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais, o
prazo de solicitude continúa aberto ata o 15 de outubro.