A AEAGG celebra este sábado a oitava edición do seu Congreso

venres, 23 de marzo do 2007

A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG) celebra este sábado 24 de marzo no Hotel Louxo da Toxa a oitava edición do seu Congreso. Trátase dun encontro até o de agora organizado con periodicidade bianual e que inclúe pasa este ano un completo programa de actividades. As sesións darán comezo ás 10.30 horas, cun acto de apertura dirixido polo alcalde do Grove, Miguel Pérez García. Logo, será o mestre da Escola de Negocios Caixanova Alberto Rocha quen tome a palabra, co relatorio Mellora competitiva a través da cooperación empresarial. Ás doce está previsto que Jesús Alarcón (secretario da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Madrid) faga unha análise do sector en España e facendo especial fincapé no galego. Pola tarde celebrarase a asemblea xeral ordinaria e pola noite a cena de gala dos asociados.

PUBLICIDADE